Unha semana para aportar o teu talento e resolver un reto real que pode mellorar a vida de máis de 1500 aldeas.
Ás veces no rural, os proxectos tardan en chegar ao final. Pero cando nos xuntamos, algo cambia.
Hacker Days nace coa idea de resolver retos reais en só unha semana, demostrando que, aportando cada persoa un pouquiño, se poden construír solucións que axuden a toda unha comunidade.
Cada edición abordará un novo reto que nace desde a aldea, desde os seus protagonistas.
Este ano, o reto nace de Rosabel e Olga, dúas mulleres de máis de 60 anos que levan anos xestionando o sistema comunitario da auga da súa aldea.
Rosabel e Olga son dúas veciñas da aldea de Anceu. Elas encárganse da xestión da auga. Non temos empresa distribuidora. Son parte da directiva da Comunidade de Augas de Anceu. Len 400 contadores de auga ao ano, casa por casa cada 3 meses. Detectan fugas, organizan a facturación, fan seguimento.
¿Que pasará cando elas non estean?
Hoxe, pagamos 80€ ao ano grazas ao seu labor desinteresado. Se se perde a xestión comunitária, volverá a subir o prezo para todas as persoas da aldea.
¿E se creamos unha solución open source replicable en 1500 aldeas que facilite continuar con este sistema de xestión colectiva de auga?
Olga e Rosabel, coidadoras da auga comunitária da aldea de Anceu
Necesitamos talento diverso para abordar este reto desde diferentes perspectivas.
Se te identificas con algún destes perfís, ¡queremos contar contigo!
Para deseñar e implementar unha web con autenticación, para xestión de recursos, e notificacións.
Para mostrar o complexo de forma sinxela e crear interfaces intuitivas para persoas con diferentes niveis dixitais.
Para mellorar a experiencia de uso e garantir que a solución sexa accesible para todos os rangos de idade.
Para documentar o que facemos, e replicar o modelo nas 1500 aldeas que xestionan a auga de forma comunitária.
Para ensinar a quen o van usar e facilitar o relevo xeracional na xestión colectiva da auga.
Para escoitar, entender e conectar coa realidade rural e as necesidades derivadas da xestión colectiva da auga.
Do 1 ao 7 de setembro de 2025, viviremos unha semana intensa de colaboración, aprendizaxe e creación en Anceu, Galicia.
Coñeceremos a Olga e Rosabel para entender a fondo as necesidades de xestión da auga. Mapearemos os procesos actuais e definiremos os obxectivos.
Traballaremos en equipos multidisciplinares para deseñar e comezar a construír unha solución que sexa sinxela, robusta e adaptada ás necesidades reais.
Probaremos o prototipo coa aldea, recolleremos feedback e realizaremos melloras para asegurar que a solución é viable e útil.
Celebraremos os logros da semana e presentaremos o prototipo a outras comunidades de augas, compartindo o aprendizaxe e ampliando o impacto. O prototipo quedará funcionando en Anceu para a súa validación.
Facilitamos o seu labor esencial e aseguramos que o seu esforzo teña continuidade.
Unha solución replicable que pode axudar a centos de comunidades co mesmo reto.
Unha experiencia transformadora que te conectará coa vida na aldea.
Unha semana do teu talento pode significar anos de autonomía e comunidade para moitas persoas.
Participación gratuita
A participación en Hacker Days é completamente gratuita.
Aloxamento incluído
A estancia será en Anceu Coliving, un espazo compartido para 14 persoas, rodeado de natureza e deseñado para a colaboración.
Manutención incluída
A manutención está incluída durante toda a semana.
Transporte
O transporte ata Anceu non está cuberto, cada participante debe xestionalo pola súa conta.
Espazos de traballo
O reto desenvolverase entre Anceu Coliving e a Casa do Pobo Vecinal, conectando os espazos de vida, creación e comunidade.
Hai múltiples formas de participar e contribuir a que Hacker Days teña o maior impacto posible. Atopa a que mellor se adapte a ti.
Aporta financiación ou materiais para facer posible o evento e o desenvolvemento do prototipo.
Axúdanos a contar este proxecto e a chegar a máis persoas que poidan contribuir.
Forma parte do equipo de traballo durante Hackers Days en Anceu.
Empresas e organizacións comprometidas co futuro do entorno rural.
¿A túa empresa tamén quere impulsar a transformación do mundo rural?
Quero impulsar Hacker DaysSomos unha organización sen ánimo de lucro nacida en Galicia para usar a tecnoloxía e a comunidade como ferramentas contra o despoboamento rural.
Organizamos residencias, hackathons, eventos interxeracionais e proxectos europeos.
Este é só un paso máis para demostrar que o rural tamén innova.
Únete a nós para prototipar o futuro do rural
Puedes mandarnos un email a [email protected] o mandarnos un mensaje desde el formulario.